O VAR

A Bóla Extra videopodcast 06-11-2023

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

O VAR

Hoxe imos falar do VAR: o aparello que ía solucionar conflitos no fútbol e está a causalos peores O VAR permite que, cando hai dúbida nunha xogada, se poida revisar en vídeo de forma rápida Hai momentos da vida nos que vos gustaría ter un VAR? Hai xente que sempre porfía que non dixo ou non fixo algo. Se se puidese rebobinar para demostrar a verdade... Pero, coidado! O VAR tampouco é infalible, ou que lle pregunten ao Celta... Como é posible, que os árbitros non se poñan de acordo nin cando poden ver a xogada gravada? Vós credes que un sistema parecido ó VAR nos solucionaría conflitos na nosa vida? Moitas empresas que nos chaman por teléfono xa optan por gravarnos. Credes que é un bo sistema? Hoxe a xente opina sobre o VAR, non só no fútbol Sería bo ter gravado todo o que nos pasa para poder comprobalas se temos dúbidas?