Xente que dá a brasa

Hai brasas profesionais? Existe xente empeñada en saír de casa para contar historias infumables ao primeiro que atope?

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Xente que dá a brasa

Hoxe é Giving Tuesday, Día de Dar. Hai xente tan xenerosa que non para de dar... a brasa. Falemos dela. Que fas coa xente que é moi brasas. Como foxes dela? Que tácticas segues? Hai brasas profesionais? Existe xente empeñada en saír de casa para contar historias infumables ao primeiro que atope? E ti, admíteo: es unha brasas? Sabes que as túas historias sobran pero gozas dando a matraca? Xa dende cativo hai quen non para de dar a brasa. Ese pequeno laretas inaturable que vai no coche contando obras e milagres. Recordas algún corte épico que lle meteras a alguén tras hora e media de brasa? Quen é o máis brasas da túa familia? A quen lle temes para a cea de Nadal?