Largamos a parella para capturar fantásticas duplas musicais: Rozalén e Tanxugueiras, Nastasia Zürcher e Guadi Galego, Ortiga e Pili Pampín, Mark dos Santos e Andrés Boutureira. As correntes lévannos a Portugal para atopar a Luisa Sobral e ao Brazil con Michele Leal. E no peirao atrevémonos ao vivo co 'Milho Verde' do Zeca.