María Foscaldo: "Ao final teño que respectar unha árbore xenealóxica para Virtudes"

Virtudes naceu de forma natural de man da xornalista viguesa

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

María Foscaldo: "Ao final teño que respectar unha árbore xenealóxica para Virtudes"

A viguesa María Foscaldo converteuse en estrela do TikTok e Instagram grazas á súa personaxe Virtudes ou a Repunante, en 2022. Unha xornalista que agora vive en Vilagarcía e que traballa no programa A tarde encarnando a repunante de Virtudes. Quixemos darlle unha volta a todo isto e entrevistala neste mesmo programa como María, como humorista e creadora de contido. Explicounos que de tanto inventar nomes, a xente quedaba con personaxes ás que ela despois non recordaba que fixera referencia, polo que tivo que ir confeccionando unha árbore familiar. Ademais, quedamos cun detalle fermosísimo: o seu maior logro considera que é facer rir a xente nos malos momentos, tal e como lle din moitos e moitas seguidoras.

Presentado por Antón Rebollido.