As previas do fútbol, con Dadíe e Seoane, a despedida de Jozi en Burela e o liderado do CRAT

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles 19-01-2024

Preparamos con Luis Fernando Dadíe, ex do Celta e da Real Sociedad, o primeiro choque de vigueses e donostiarras, agora en Liga. Na Segunda, coñecemos unha nova peña do Racing e na 1ª RFEF Fernando Seoane, o que foi capitán do Lugo, valora a situación do equipo. Ademais, Julio Delgado comenta o adeus de Jozi no Burela e ollamos para o partido do CRAT, líder do rugbi feminino.