Especial Galicia en goles coa transmisión en directo dende o estadio de Balaídos do Celta-Real Sociedad de cuartos de final da Copa do Rei. Os vigueses encaixaron o 0-1 no minuto 2, a Real dominou todo o partido e fixo o 0-2 na segunda parte e aínda que Luca de la Torre marcou no engadido os de Benítez xa non puideron evitar a eliminación.