Mar de ardora 27-01-2024

Malestar nas confrarías de pescadores pola politización da crise dos granulados nas costas galegas

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Mar de ardora 27-01-2024

Malestar nas confrarías de pescadores polo uso político da crise dos granulados nas costas galegas. Dende o sector do mar piden tranquilidade e confianza nos produtos galegos. Denuncian que a crise dos granulados agravou a caída do consumo e vendas na campaña de peixe e marisco. Na sección 'Mar de Fóra', máxima alerta para a pesca galega en Arxentina. A chegada de Javier Milei á presidencia de Arxentina está afectando aos armadores galegos con negocios no país suramericano. Na sección 'Mar de Proa', a Eurocámara critica a Comisión Europea por propoñer vetar o arrastre en todas as áreas protexidas en 2030. Entende que adoptou un enfoque demasiado simplista e pide que se teña en conta a opinión do sector da pesca.

Presentado por Xusto López Carril