Mar de ardora 27-04-2024

A xustiza avala a Lei Galega que ordena o litoral. Ameazas para o arrastre e o palangre

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Mar de ardora 27-04-2024

O programa recolle as reaccións das empresas do sector mar-industria trala decisión do Tribunal Constitucional de avalar a Lei Galega sobre Ordenacion do Litoral. Xusto López Carril entrevista ao presidente de AGARBA, Iván López, para coñece-la súa opinión sobre os plans da UE para limita-la pesca de arrastre. O presidente de ORPAGU, Joaquín Cadilla, explica os problemas de rendibilidade da frota de palangre. A presidenta das mariscadoras a pé de Muros, Adela Lestón, fainos a fotografía da crise do sector. Coñecemos o estaleiro Fibramar de Laxe; e o biólogo, Xavier García Galdo, fálanos dos cogombros de mar.

Presenta Xusto López Carril