Dende o Anxo Carro narramos a vitoria do CD Lugo de Paulo Alves, 1-0, sobre a Real Sociedad B; e dende o Espiñedo o empate do Arenteiro co Teruel, 1-1. Na 2ª RFEF, imos ao Vero Boquete para celebrar o 2-0 do Compos ante o Covadonga. E no baloncesto, mala xornada para o Breogán, que caeu 83-68 en Manresa.