Tres peixes voando 04-02-2024

Rozalén coas Tanxugueiras, a Banda da loba e Porgugal e Arxentina neste programa

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Tres peixes voando 04-02-2024

No noso caderno de bitácora esta semana atopamos as voces de Fillas de Cassandra, Momboi, Guadi Galego, Catuxa Salom, Martelo ou Anxo Araújo no que á música cantada en galego se refire, e as de Pau Brugada, Spinetta, Nacho Vegas, Natalia Lafourcade, Peter Gabriel, Xoél López ou Antonio Zambujo dende fora das nosas fronteiras. Cantamos ao vivo "Estrela" e "Ja sei namorar". Mergulládevos con nós, deixádevos abanear polas ondas do acuario dos Tres peixes voando, na Radio Galega.