Sergi Quintela: "Estamos facendo unha temporada terrible"

O xogador do Breogán analiza a quinta derrota consecutiva na Liga ACB

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Sergi Quintela: "Estamos facendo unha temporada terrible"

A afección do Breogán despediu con apupos ao equipo tras sufrir a quinta derrota consecutiva na Liga ACB. Os seareiros foron críticos, malia que o rival ocupa a segunda praza na clasificación. Unha das voces autorizadas do club, Sergi Quintela, deu a cara nos micrófonos da Radio Galega e analizou con Alfonso Pardo o sucedido durante os corenta minutos de xogo. O escolta é rotundo nas súas declaracións, cualifica de terrible a temporada en canto a resultados e avoga pola confianza como principal valor dentro do vestiario. Asegura que sen ela, o equipo acabará caendo.

Presentado por Xoán Galán