A mañá de domingo viviu a contundente goleada sufrida polo Compostela en Cayón por 4 a 0. A mellor nova chegou en Riazor, coa vitoria do Liceo ante o Barcelona por 3 a 1. No Galicia en Goles tamén estiveron pendentes da roda de prensa de Cristóbal na previa do encontro en Albacete e da cita galega da Copa de España de ciclismo feminino que se desputou en Pontevedra.