Galicia en Goles tarde 24-03-2024

A remonta do Lugo e os liderados de Pontevedra e Básquet Coruña

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en Goles tarde 24-03-2024

No Galicia en Goles deste domingo viviuse un dos partidos máis trepidantes da temporada. O CD Lugo caía por cero a tres na recta final do primeiro tempo e rematou vencendo por 4-3. Isto permite a Roberto Trashorras celebrar a primeira vitoria como técnico dos lucenses. Ademais, en Pasarón, o Pontevedra tamén tivo que remontar ante o Marino de Luanco para alcanzar o primeiro posto na 2ª RFEF. E no baloncesto, Riazor volveu ser unha caldeira para vivir o retorno á senda dos trunfos do Básquet Coruña, que segue líder da Leb Ouro e ocupando posto de ascenso directo á ACB.