Galicia en goles sábado 30-03-2024

Cara para Deportivo, Ourense CF e Cangas; cruz no Celta Fortuna e Breogán

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles sábado 30-03-2024

A xornada deste sábado comezou co trunfo pola mínima do Deportivo en Cornellá que lle permite seguir líder e meter presións aos rivais polo primeiro posto. Non puido seguir o ritmo o Celta Fortuna que caeu na prolongacíon en Tarazona. Na 2ª RFEF, o empate do Pontevedra en Aranda de Duero na recta final do encontro foi aproveitado polo Ourense CF para auparse ao coliderado, logo de vencer en Oira ao Cayón. Na zona baixa o Rácing Vilalbés non pasou do empate a cero goles ante o Valladolid Promesas. En canto ao polideportivo, unha de cal e outra de area para os galegos. O Breogán perdeu nunha das primeiras finais para evitar o descenso, ante o Bilbao no Pazo Universitario de Lugo. A boa nova chegou na liga Asobal, co trunfo do Cangas no Gatañal ante o quinto clasificado, o Ademar León.