Galicia en goles domingo 31-03-2024

Polémico empate do Celta, o Rácing alcanza a permanencia matemática e Obra morre na orela

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles domingo 31-03-2024

Xornada deportiva maratoniana. Pola mañá o Ensino levou o derbi galego ante Uni Ferrol e o Fabril caeu en Abegondo ante o Langreo. Sen pausa e no horario do xantar, o partido da xornada desputouse en Balaídos. Claudio Giráldez debutou como técnico local no feudo celeste cun empate a cero ante o Raio Vallecano, nun partido marcado polas polémicas decisións arbitrais. A continuación, na Malata, o Rácing de Ferrol alcanzou a meta esixida a comezo de temporada: sumou un trunfo ante o Elx pola mínima e alcanzou 51 puntos, co que asegura a súa presenza na 2ª división un ano máis. Na 1ª RFEF o Lugo caeu en León e o Arenteiro empatou na casa ante a Real Sociedad B. Pola súa banda na Liga ACB o Obradoiro sobrepuxose a un mal comezo de encontro fronte ao Barcelona e chegou con opcións ata o final, pero rematou caendo por 84 a 89 e segue, xunto ao Breogán, metido na lea por evitar o descenso.