Galicia en goles sábado 06-04-2024

Vitoria do Celta Fortuna, o pase do HC Coruña á Final Four Feminina e a emocionante xornada de baloncesto

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles sábado 06-04-2024

O baloncesto foi o gran protagonista do Galicia en Goles deste sábado. A agónica e importante vitoria do Breogán que o saca momentaneamente do descenso, a derrota tras un último cuarto nefasto do Obradoiro, o trunfo coruñés na cancha ourensá no derbi da Leb Ouro e as tres citas galegas na Liga Feminina (vitoria do Uni Ferrol e traspés de Ensino e Celta Zorka) foron os temas destacados no programa sabatino. No resto do polideportivo contouse o histórico pase do HC Coruña á Final a Catro da Champions Feminina de hoquei e o trunfo vital do Noia FS en Tudela. En chave futbolística o Celta Fortuna segue con paso firme cara os playoff de ascenso tras golear en Balaídos ao Osasuna Promesas.