Galicia en goles domingo 07-04-2024

O Deportivo máis líder gracias ao Arenteiro. O Lugo tropeza de novo e o Cangas achegase á permanencia

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles domingo 07-04-2024

Sen fútbol profesional galego nesta fin de semana, a 1ª RFEF foi a gran protagonista do Galicia en Goles deste sábado. O Deportivo afianzou o liderado tras vencer pola mínima ao Unionistas, cun solitario tanto de Barbero. Os coruñeses aumentan a tres puntos a distancia co Barcelona Atlético, que tan só puido empatar a un gol co Arenteiro. A nota negativa chegaba no Anxo Carro, cunha nova derrota do Lugo, desta vez ante o Tarazona. No polideportivo o Cangas asegurou o posto de promoción tras vencer ao Cuenca. Agora a salvación directa está a tan só dous puntos.