Ver
Greta é unha reputada buscadora de libros raros e valiosos, aínda que a súa popularidade caeu en picado por mor da desaparición dunha primeira edición de Borges que debía taxar. Afogada polas débedas e a desconfianza dos seus achegados, acepta un encargo insólito: atopar a biblioteca da familia Fritz-Briones, perdida durante a Segunda Guerra Mundial. A investigación vai levala ata o Berlín daquela época, onde os nazis levaron a cabo o maior roubo de libros da historia.
Presentado por Antón Rebollido