O Celta abriu a xornada ligueira visitando ao Betis no feudo verdibranco. Un mal arrinque de segundo tempo lastrou aos de Claudio Giráldez que remataron perdendo por dous tantos a un, o gol celeste obra de Larssen xa no tempo extra. A falta do encontro do Cádiz ante o Barcelona, o equipo vigués mantén tres puntos de marxe sobre o descenso.