Galicia en goles sábado 13-04-2024

Vitorias do Deportivo e Arenteiro, goleada do Ourense CF no derbi e a polémica derrota de Obradoiro

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles sábado 13-04-2024

Co Celta regresando á competición o pasado venres, o Galicia en Goles deste sábado centrouse na 1ª RFEF e na Liga ACB de Baloncesto. Nesta última o Sar foi un clamor contra a actuación arbitral na derrota do Obradoiro ante Manresa. o fútbol foi máis benévolo co deporte galego; o Deportivo afianzou o seu liderado tras vencer en Teruel e o Arenteiro fixo o propio na súa visita ao Cornellá. Polémica tamén houbo en Oira na goleada 5 a 1 do Ourense CF ao Coruxo. Ademáis, o Rácing Vilalbés cedeu un empate na casa ante o Cayón. Outra das grandes novas do noso deporte chegou na 1ª RFEF Feminina, co trunfo do Deportivo en Lezama, que deixa ás deportivistas a unha soa vitoria de alcanzar o ascenso á máxima categoría.