Galicia en goles domingo 14-04-2024

O Rácing a un punto do playoff, o Celta Fortuna golea ao Lugo; no baloncesto, cara para Coruña, cruz para Breogán

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles domingo 14-04-2024

Tras a derrota con mala imaxe de Amorebieta, o Rácing de Ferrol retornou a senda da vitoria na Malata, vencendo ao Huesca e situándose a un punto das eliminatorias de ascenso a primeira división. Na 1ª RFEF o Celta Fortuna goleou por 4-1 ao Lugo e afianza o posto de playoff. Os olívicos están a sete puntos do líder, o Deportivo, que aumentou a súa diferenza cos perseguidores tras as derrotas de Nástic e Barcelona Athletic. No baloncesto, o Breogán caeu de maneira cruel en Vitoria. Foi por diante no marcador durante todo o partido ata o último segundo, cando unha tripla do Baskonia derrotou os de Mrsic. A boa nova chegou na Coruña, cun novo triunfo do Básquet Coruña que o achega un chanzo máis ao ascenso. No polideportivo, o Galicia en Goles estivo na 2ª cita da Copa Galicia de BTT no Porriño e nunha nova edición da media Maratón Vigo Baiona.