Galicia en goles sábado 20-04-2024

Vitorias de Celta e Deportivo, derrotas de Rácing de Ferrol e Breogán; a festa da salvación, no Celta Zorka

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles sábado 20-04-2024

Nun maratoniano Galicia en Goles de once horas de duración, o deporte galego viviu un tobogán de sensacións. No partido máis madrugador, o Celta goleou ao Las Palmas e da un paso de xigante cara a permanencia. Logo, o Rácing de Ferrol caeu no feudo do pechacancelas pola mínima. Máis avanzada a tarde contouse a polémica derrota do Breogán no Pazo ante Gran Canaria e a vitoria do Deportivo ante a Cultural nun Riazor cheo, que aumenta as opcións de ascenso coruñesas. Tempo houbo para vivir tora a festa da permanencia en Navia, o Celta Zorka xogará un ano máis na elite do baloncesto feminino español.