Galicia en goles domingo 21-04-2024

Ascenso do Deportivo Abanca, derrotas de Fortuna e Lugo e balsámica vitoria de Obradoiro

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles domingo 21-04-2024

O domingo futbolístico galego arrincou da mellor maneira posible en Riazor, onde o Deportivo feminino conseguía regresar tres anos despois á maxima categoría. Tras derrotar por 3 a 1 ao Cacereño a festa invadiu o céspede a sala de prensa e os aledaños de Riazor. En canto á 1ª RFEF o Fortuna caeu pola mínima en Tarragona e ve como se lle escapa a opción de ascenso directo. Outra derrota, a do Lugo ante o Barcelona Athletic, achega ao abismo aos da Muralla, que tan só teñen 3 puntos de marxe sobre o descenso. O Arenteiro empatou sen goles no Espiñedo ante a Ponferradina. No choque estelar da 2ª RFEF o Ourense CF asaltou Pasarón e venceu 0 a 2 ao Pontevedra e está a un triunfo do ascenso, con dúas xornadas por desputar. Outra das grandes novas do domingo estivo no baloncesto, coa vitoria a domicilio do Obradoiro en Bilbao que lle permite aos santiagueses saír dos postos de descenso, en detrimento do Breogán.