Ver
Carme López experimenta e improvisa co son da gaita na procura de novos ambientes sonoros partindo do instrumento. En 'Quintela' experimenta cos diferentes sons que pode extraer de punteiros, bordóns e palletas, na procura dunha linguaxe musical na que sentirse representada, lonxe do rol patriarcal atribuído tradicionalmente aos gaiteiros.
Presentado por Belén Regueira