Galicia en goles sábado 27-04-2024

Derrota do Celta; vitorias de Breogán, Lugo, Fortuna e Básquet Coruña e a festa do ascenso do Bergantiños.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles sábado 27-04-2024

Non foi unha boa xornada para o Celta en Vitoria, coa clara derrota por tres a cero ante o Alavés. A boa nova chegou co filial, que goleou ao Logroñés e acariña o playoff de ascenso. Pola súa banda a cidade de Lugo viviu unha ledicia dobre, co equipo de fútbol collendo aire tralo triunfo ante o Navalcarnero e o mesmo co Breogán asaltando Granada para dar un paso á salvación na Liga ACB. A esta competición pode chegar o Básquet Coruña, que está a dous partidos do fito histórico, tras gañar onte en Oviedo. E outra das grandes novas contadas no Galicia en Goles foi o regreso a 2ª RFEF do Bergantiños, coa festa rachada nas Eiroas incluída.