Galicia en goles domingo 28-04-2024

O Arenteiro rouba dous puntos de Riazor, o Ourense CF ascende a 1ª RFEF e o Balonmán Porriño clasifícase para semifinais polo título de Liga

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en goles domingo 28-04-2024

O domingo deportivo galego arrincou coa penultima xornada na 2ª RFEF con horario unificado. O Ourense CF aproveitou a súa primeira oportunidade de ascenso e venceu ao Vetusta por dous a cero, provocando a festa no campo de Oira. O Pontevedra xogará os playoff, polos que aínda pode loitar o Compostela. Pola parte baixa Fabril acariña a permanencia mentres que o Rácing Vilabés salvou a primeira bola de partido vencendo ao Coruxo e chegará á última xornada con opcións de lograr o play-out de permanencia. Tamén pola máñá o Obradoiro caeu en Madrid e remata a xornada en postos de descenso, a 3 partidos para o final. Mentres, no derbi galego no balonmán feminino o empate entre Porriño e Guardés clasificba ás primeiras para as semifinais polo título. O gran partido da tarde desputouse en Riazor. O Deportivo deixou escapar dous puntos na última xogada do encontro ante o Arenteiro, que nun gran encontro empatou a dous en Riazor. A falta de catro xornadas agora os coruñeses teñen 4 puntos sobre o segundo clasificado, o Barcelona Athletic.