Galicia en Goles domingo tarde-noite 05-05-24

Celta e Breogán máis preto da salvación; o Básquet Coruña da ACB, e o Rácing de Ferrol cae en Tenerife

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia en Goles domingo tarde-noite 05-05-24

A temporada vai pechando o pano e chegan tempos de bágoas e ledicias. Tamén de nervios e tensión. Asi se viviu no Galicia en Goles dende primeira hora da tarde, coa vitoria en Balaidos do Celta ante o Villarreal que alonxa aos de Claudio Giraldez a oito puntos do descenso. Na 2ª división o Rácing de Ferrol perdeu na recta final ante o Tenerife e ve alonxar o soño do playoff de ascenso. Mentres, no baloncesto, a xornada foi moi positiva para os conxuntos galegos: o Breogán derrotaba con contundencia ao Tenerife e está a unha vitoria da salvación, mentres que o Básquet Coruña, tras derrotar ao Castelló, deu un paso de xigante para ascender á Liga ACB. De gañar o venres en Melilla, o equipo laranxa acadará este histórico fito.