Galicia na II Guerra Mundial. Un mundo de espías - 2ª parte

Na Segunda Guerra Mundial, o norte da Península Ibérica converteuse nunha zona estratéxica fundamental para os contendentes

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia na II Guerra Mundial. Un mundo de espías - 2ª parte

Na Segunda Guerra Mundial, o norte da Península Ibérica converteuse nunha zona estratéxica fundamental para os contendentes. Se os británicos organizaban redes de evacuación para os refuxiados que atravesaban España, os alemáns tentaban eliminalas; se Alemaña quería mercar volframio, os ingleses pagaban o triplo con tal de sacarllo das mans os alemáns. Galicia estaba chea de espías. Queren coñece-la historia? Convidados: Emilio Grandío, profesor de Historia Contemporánea da USC; Serafín Rodríguez Trashorras, investigador da historia das torres de Cospeito; M.ª Xosé Rodríguez Galdo, catedrática de Historia e Institucións Económicas da USC, coautora do estudo "O poboado mineiro de Fontao. O volframio na historia empresarial e urbanística de Galicia"; Abel Losada, profesor de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Vigo e coautor do estudo "O poboado mineiro de Fontao."