Quen paga a cea de Nadal?

A estas alturas xa saberedes onde ides cear e xantar por Nadal pero, quen paga os gastos?

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Quen paga a cea de Nadal?

É moi habitual que a xente vaia a casa dos pais por Nadal. Deben pagar os pais a comida? Moitísima xente vai a estas ceas a mesa posta e de balde. Se imos cear a casa dun familiar, deberiamos aportar unha cantidade de cartos? Mariscos, peixes, turróns... Todo isto é bastante caro. Deben pagar os anfitrións? No voso caso como facedes? Paga o que organiza ou pagades a escote? É mellor colaborar con cartos ou levando parte da comida? Os oíntes opinan sobre o reparto dos gastos das ceas e xantares de Nadal. Non chega con aturar aos parentes que tamén hai que convidalos a comer. Que máis?