Compartir menú do día

A favor ou en contra de compartir o menú do día?

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Compartir menú do día

Abordamos un dos debates dos últimos días nas redes: o de compartir o menú do día. Falamos de xente que vai en parella a un restaurante e pide un menú do día para dous. Algunha vez fixestes isto de compartir menú do día? Que vos parece? Aos hostaleiros benefícialles máis que cada persoa pida un menú pero, pódese prohibir compartilo? Sodes de compartir cando ides a un restaurante? (aínda que non sexa un menú). Contádenos a vosa experiencia compartindo pratos en restaurantes. Como reaccionan os hostaleiros cando queredes compartir un prato entre dous? A favor ou en contra de compartir o menú do día? E estades a favor ou en contra de compartir comida en xeral? Escoitamos as experiencias da audiencia compartindo pratos nun restaurante.