O malestar das confrarías de pescadores

Reunión das confrarías de pescadores para pedir que non se faga un uso político da crise dos granulados

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

O malestar das confrarías de pescadores

Malestar nas confrarías de pescadores polo uso político da crise dos granulados nas costas galegas. Dende o sector do mar piden tranquilidade e confianza nos produtos galegos. Denuncian que a crise dos granulados agravou a caída do consumo e vendas na campaña de peixe e marisco. As confrarías de pescadores celebraron unha reunión para pedir que non se xere alarma social sen fundamentos. Asistiron o presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior de Burela, Basilio Otero; o presidente da Federación provincial da Coruña, Daniel Formoso; o presidente da Federación provincial de Pontevedra, José Manuel Rosas; así como o presidente da Federación Galega, José Antonio Pérez Sieira. Afirman que sempre estarán traballando polo sector e apoiando aos mariñeiros, pero explican que a manifestación do domingo 21 de xaneiro utilizouse como un instrumento político coa ollada nas próximas eleccións autonómicas.

Presentado por Xusto López Carril