O informe pericial do Villa de Pitanxo

O informe sinala ao patrón como responsable do afundimento do Villa de Pitanxo

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

O informe pericial do Villa de Pitanxo

As familias dos 21 falecidos no sinistro do Villa de Pitanxo amosan satisfacción e alivio despois de coñecerse as conclusións do informe dos peritos designados polo xuíz instrutor Ismael Moreno sobre as causas do sinistro. O informe asegura que o sinistro tivo como "causa máis probable" un "erro humano" que atribúe ao patrón do Villa de Pitanxo, Juan Padín, por unha "falta de percepción cabal dos riscos de afundimento" pola manobra que realizaba para salvar a pesca en condicións de temporal. O sábado 17 de febreiro haberá un acto de homenaxe en Marín para recordar os 21 falecidos, coincidindo co segundo aniversario da traxedia. O afundimento do Villa de Pitanxo foi o 15 de febreiro de 2022.

Presentado por Xusto López Carril