Alerta vermella no marisqueo

A crítica situación dos mariscadores pola caída da produción

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Alerta vermella no marisqueo

O sector marisqueiro atravesa unha situación que os seus traballadores cualifican como crítica. As constantes chuvias provocaron unha baixada de salinidade nas rías que tivo como consecuencia unha elevada mortalidade nos bancos. Moitos mariscadores tiveron que cesa-la súa actividade. Algunhas confrarías aplicaron ERTEs. Por se fose pouco, falta semente para repoboar. O patrón maior de Vilanova de Arousa, Rosalino Díaz, axúdanos a entende-lo problema.

Presenta Xusto López Carril