Usades potas ás que xa lles caeron as asas porque non atopades outras mellores? Secádesvos con toallas que xa parecen farrapos pero son as que mellor secan? Por que aínda levades esa carteira tan vella no peto? Hai cousas ás que lles temos cariño ou, simplemente, non atopamos outras tan boas... Por que andades con ese chándal que ten máis anos ca Matusalén? Hoxe os oíntes revelan cales son os obxectos dos que non poden desfacerse Se non podemos discriminar á xente pola idade, tampouco o faremos cos obxectos...