Mellor reparar ca tirar

A Unión Europea pacta medidas para incentiva-la reparación dos electrodomésticos.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Mellor reparar ca tirar

Cando un electrodoméstico deixa de funcionar é moi probable que teñamos que substituilo. As empresas fabricantes adoitan poñer atrancos á reparación dos seus aparellos porque iso favorece as vendas. A consecuencia é que se multiplica a xeración de residuos contaminantes. A Unión Europea está decidida a poñerlle freo a ese dispendio e tramita unha directiva sobre o “dereito a reparar”. A profesora Isabel Neira explícanos en que consistirá esa normativa que lle facilitará aos consumidores optar pola reparación do seu electrodoméstico e evitar adquirir un novo.

Presenta Águeda Penedo