A recente saída a bolsa da empresa Puig dá pé á profesora Isabel Neira para falar das empresas familiares, que en Galicia representan o 92 por cento do noso tecido económico. A docente cita casos de éxito e explica os problemas a que se enfrontan este tipo de sociedades para manterse no tempo a través do relevo xeracional.