Mar de ardora 06-04-2024

Os animais que os temporais deitan nas nosas praias. Negociacións entre goberno e sector pesqueiro sobre os parques eólicos mariños.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Mar de ardora 06-04-2024

O voceiro de ACERGA, Marcial Suárez, fálanos sobre o estado do stock de sardiña e os topes de captura para a frota de cerco, asuntos a debate nas xornadas anuais que organiza a asociación. O biólogo Alfredo López, portavoz da CEMMA, explícanos por que están chegando en masa medusas e caracois vivos ás praias galegas. O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, adianta as peticións que lle trasladará ao goberno na mesa de traballo sobre o desenvolvemento de parques eólicos mariños que se reunirá a mediados de abril. Coñecemos maís sobre un dos peixes con carne máis apreciada, a castañeta vermella, da man do biólogo, Xavier García Galdo.

Presenta Xusto López Carril