Desentrañar a electrónica orgánica

Unha conversa con Jaime Martín e Mariano Campoy Quiles

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Desentrañar a electrónica orgánica

Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu un proxecto Consolidator Grant de 2 millóns de euros. Martín afondará na estrutura dos polímeros semicondutores a partir do seu novidoso modelo semiparacristalino. Tamén conversamos con Mariano Campoy Quiles (ICMAB-CSIC). Estes materiais están chamados a producir, por exemplo, paneis solares flexibles, transparentes, económicos e sostibles.

Presentado por Manuel Vicente