Música para recordar a Luísa Villalta

Espectáculos e concertos homenaxean a poeta e violinista na Semana das Letras

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Música para recordar a Luísa Villalta

A música foi un elemento central na vida e na obra literaria de Luísa Villalta. Así o recordan propostas escénicas que a recordan neste ano como o recital-concerto 'Tres mulleres na escuridade' da narradora Sole Felloza e a violinista Irina Gruia ou o espectáculo pluridisciplinar 'Indóciles' que comparten a música Mónica de Nut, a poeta Nuria Vil e a narradora oral Vero Rilo. O Concerto das Letras organizado polo Consello da Cultura Galega inclúe no seu programa algunhas das obras favoritas de Villalta e a peza 'Concerto para un home só', baseada na súa obra de teatro homónima.

Presentado por Belén Regueira