Regresamos a dúas zonas asoladas polos lumes nos últimos anos, Chandebrito en Nigrán, e a serra do Courel. Como saen adiante os veciños e veciñas? Segue habendo medo? Falamos con eles e cos comuneiros para saber se mudou a forma de entenderen o monte. Tamén achegamos outras voces que propoñen incluír perspectivas novas na loita contra o lume, como a de xénero.