A erupción dun volcán preto da vila de Grindavik xa non sobresalta os islandeses, pero volveu pór nerviosa parte de Europa por se se repetía o colapso aéreo de 2010. En Galicia, no día de Nadal, coñecemos algo máis da azarosa vida das anguías que arestora están en perigo crítico de extinción. E preguntámonos como afronta a industria do xoguete o reto da sostibilidade.