No mes dos Defuntos preguntámoslle á filósofa experta en tanatoloxía comparada, Susana Monsó, como afrontan a morte os animais, a súa e a dos seus conxéneres. Ademais, investigamos outra morte, a que provocan as grandes chuvias nas colleitas e no marisco. Tamén as pistas que atopan os científicos de que estes episodios irán a máis.