Analizamos a xestión do lixo en España e en Galicia. Cumprimos os obxectivos da Unión Europea de separación e de reciclaxe? Funcionan realmente os actuais sistemas de recollida selectiva? Falamos con avogadas expertas en lexislación europea, con ONG ambientalistas, con representantes dos sistemas de xestión e coñecemos unha iniciativa de reciclaxe que converte o lixo mariño en alfaias.