Minguar para poder medrar

Colapso do AMOC, decrecentismo e eficacia das mensaxes científicas

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Minguar para poder medrar

As consecuencias do máis que probable colapso da AMOC, o sistema de correntes oceánicas que distribúen a calor dos trópicos polo Atlántico Norte. A freada desta corrente podería traer consigo unha nova glaciación en Europa. Conversa sobre o decrecentismo e a eficacia das mensaxes científicas con Fernando Valladares, reputado investigador do CSIC, que saltou dos laboratorios á protesta nas rúas. E tamén coa xornalista e divulgadora ambiental, Irene Baños, que ante a incerteza climática e vítima da chamada ecoansiedade, escribiu un libro en que avoga por superar a parálise individual e traballar a prol do esforzo colectivo.