No capítulo de hoxe de Lambóns de Viaxe acompañamos dunha volta máis na súa viaxe a Jorge Couñago. Repite no programa para achegarnos entroutras cousas, a coñecer por que Leo Messi elixiu a terra americana do sol para o seu retiro dourado. Iniciaremos a viaxe en Saint Agustine e remataremos en Key West. Unha viaxe moi completa na que pararemos en Cabo Cañaveral, Orlando e Miami.