No capítulo 112 de Lambóns de Viaxe achegámonos coa xornalista Sara Gil ata Istambul. Sara viviu varios meses alí e contaranos cales son os seus lugares preferidos e tamén nos comentará unha chea de anécdotas que lle aconteceron na súa estadía nesta impresionante cidade. Lambóns de Viaxe é o programa de viaxes da Radio Galega, dirixido e presentado por Carlos García-Verdugo.