Lambóns de Viaxe viaxa a Serbia coa xornalista Sofía Caamaño. Volvemos recuperar neste capítulo as viaxes de axuda e colaboración. Sofía estivo seis meses en Sid, un pequeno pobo de Serbia, axudando e traballando nun asentamento de refuxiados a través de NoNameKitchen. Sofía explicaranos como foi a súa experiencia deste medio ano intenso de axuda, moito traballo e emocións intensas