Cracovia con Pablo Goirigolzarri

A cidade polaca destaca polo seu barrio xudeu, entroutras moitas cousas

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Cracovia con Pablo Goirigolzarri

Neste programa de Lambóns de Viaxe acompañamos ao noso compañeiro Pablo Goirigolzarri ata a cidade polaca de Cracovia, Krakow en polaco. É a segunda cidade máis grande de Polonia cunha poboación preto de 800.000 habitantes. O seu xentilicio é cracoviano ou cracoviana. Atópase no sur do país ao carón do río Vístula e ten unha extensión de 325 km cadrados, semellante á extensión do concello de Lugo. A 70 km, construíuse o campo de concentración e exterminio de Auschwitz, onde foron asasinados maís dun millón de xudeus. Pódese facer a peregrinaxe dende alá polo camiño de Santiago, que chega ata Europa do leste. Son oriundos de cracovia, o Papa Xoan Pablo II, Andrzej Duda (actual presidente da República de Polonia), o piloto de Fórmula 1 Robert Kubika ou a pintora do Art Decó Tamara de Lempicka.