No capítulo de hoxe volvemos viaxar a un dos países preferidos dos Lambóns de Viaxes. Volveremos a Filipinas para visitar a illa de Siargao, coa xornalista da TVG Nadia Corbeira, autora ademais do portal trotandomundos.com. Nadia amosaranos como é Siargao unha das illas que se está a converter nunha tendencia turística dos últimos anos.