Lambóns de Viaxe viaxa a Indonesia coa xornalista Nadia Corbeira. Nadia, autora do portal trotandomundos.com, levaranos ata Sulawesi, unha das illas máis atractivas que ten Indonesia. Alí visitaremos as zonas máis aconsellables para o mergullo na área de Bunaken, zonas paradisiacas como as Illas Tojean e tamén coñeceremos todas as impactantes tradicións culturais que teñen na rexión de Toraja.